PROGRAMA TELEMIÑO

"Isto é o mellor" música dende A Veiga

SAN CIBRAO DAS VIÑAS (LA REGIÓN). 01/12/2017. OURENSE. Grabación del programa de television de Telemiño, Xornal Escolar, conducido por Conchi Pérez, con la participación de los alumnos y alumnas del Colexio de A Veiga. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Programa de Telemiño Xornal Escolar.

Escolares e profesores despediron o programa brindándolle aos telespectadores un fantástico tema musical de producción propia que fala do ben que se está no seu Concello

Eduardo Ávila Bustillo de A Veiga inauguraron a tempadá de plató no Xornal Escolar. O alumnado do centro, xunto aos seus tres mestres especialistas, viaxaron dende A Veiga para participar no programa presentado por Conchi Pérez. Coñeceron así a redacción de La Región e o departamento comercial, antes de pasar ao plató, onde foron os protagonistas do primeiro programa Xornal Escolar de 2018. Aproveitaron a súa participación no programa escolar de Telemiño para falar do seu colexio. Compartiron as actividades que realizan, as fantásticas instalacións coas que contan e todos os proxectos nos que están inmersos, dos que aseguran aprender moito dun xeito dinámico e divertido.

Latricar

Durante o programa, presentouse a sección Latricar. Foron os propios nenos e nenas da Veiga os que latricaron sobre un tema en concreto que o profesor Gonzalo tivo que adiviñar tras visionar un video cunha serie de pistas moi boas. Falaron así da Veiga e o profesor o acertou non sen antes dubidar un pouquiño.

Ler o Xornal

Na sección Ler o Xornal, os escolares de A Veiga son uns verdadeiros expertos. Así o amosaron nun video que se gravou no propio colexio e deron conta das novas máis salientables do xornal. O profesor Gonzalo comentou que unha vez á semana traballan co xornal. Buscan unha nova concreta que lles chame a atención e despois traballan sobre ela.

Preguntas ao profesor 

Como no podía ser doutro xeito, puxeron a proba ao seu profesor Gonzalo Luna, que tivo que respostar a unha serie de preguntas que lle formularon tres alumnos, Berto, Uxía e Diego, que exerceron de copresentadores.

Xa que che gusta tanto a música, cal é o xénero que prefires?

Son bastante peculiar neste aspecto xa que teño gustos dispares. Cando era neno gustábame Héroes del Silencio, despois de adolescente centreime máis no hip hop. Tamén cantei nunha coral e descubrín que me gustaba moito tamén. Escoito todo tipo de música e eso é enriquecedor.

Por que quixeches ser profesor de música?

O de profesor foi un pouco inculcado. Meus pais son mestres e o vivín dende neno. Analizándoo ben sempre foi unha profesión que admirei xa que tiven a gran sorte de ter a profesores magníficos e eso axudou a que me decantara por esta profesión. Estudiei música e despois especialiceime en educación musical

Sabemos que che gusta pescar. Cal é o peixe máis bonito que pescaches?

Gústame moito o mundo da pesca, ben é certo que esta actividade ao aire libre a practico tanto no mar como no río, en pantanos e tamén practico pesca submarina. É por isto que non me decantaría por un peixe en concreto, gústanme moitos.


AUGAESCOLA

A sección Augaescola achegou esta semana un avance do que serán as actividades que durante 2018 presentará Viaqua na súa sección escolar e que tanto éxito tivo durante 2017. Así, voltarán os obradoiros, as adiviñas e as visitas a espazos destacados da cidade de Ourense.
Antes de rematar a visita dos alumnos da Veiga, o alcalde do municipio falou nun video dos beneficios que ten este municipio ourensán e convidou a todo o mundo a visitar este lugar máxico, e porque non, quedarse a vivir alí.
Os nenos e nenas de A Veiga e o seu profesor despediron o programa cun fantástico tema propio titulado "Isto é o mellor" sobre on fantástico que é vivir na Veiga e o que lles gusta o seu colexio. Prometeron voltar pronto e animan a todo o mundo a coñecer o seu concello.

Este sábado, ás 14:00 horas emitirase íntegramente o programa en Telemiño.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma