Lecer e conciliación na Semana Santa

Aula da Natureza do Río Miño acollerá unha serie de actividades dirixidas ao alumnado de Educación Primaria os días 10, 11, 12 e 17 de abril de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 19.00 horas

A A concelleira de Educación, Belén Iglesias, presentou no salón de plenos do Concello de Ourense as actividades de conciliación preparadas polo seu departamento durante as vacacións escolares de Semana Santa. Desenvolveranse na Aula da Natureza e nas bibliotecas municipais de San Francisco, A Ponte e A Carballeira. Trátase dunga “alternativa escolar para os pais nas que se aplicará unha metodoloxía baseada na aprendizaxe a través do xogo”, explicaba Iglesias Cortés.

Aula da Natureza do Río Miño acollerá unha serie de actividades dirixidas ao alumnado de Educación Primaria os días 10, 11, 12 e 17 de abril de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 19.00horas.  As actividades da Aula da Natureza, en horario de mañá e de tarde, consistirán en aprender da contorna natural, obradoiros de reciclaxe, paseos polas ribeiras do río Miño e outras accións nas que o que se busca, segundo o seu coordinador, Luís Amigo, é “fomentar a interacción co medio ambiente e o coñecemento dos recursos máis achegados”, indica. A inscrición é gratuíta, na Concellería de Educación, até o 6 de abril de 2017, e as prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada.

No tocante ás Bibliotecas Municipais, as actividades están pensadas para nenos e nenas de 4 a 10 anos. En A Carballeira serán o sábado 8 de abril, de 11.00h a 13.00h, e o 10, 11, 12 e 17 de abril, de 10.00h a 13.30 horas. En A Ponte: sábado 8 de abril de 11.00h a 13.00h e o 10,11e 12 de abril de 10.00h a 13.30 horas; e en San Francisco: 10, 11 e 17 de abril de 10.00h a 13.30 horas.

As actividades de conciliación nas bibliotecas municipais, que só se desenvolverán pola mañá, xirarán ao redor da animación á lectura, da comprensión lectora e dos xogos colectivos. A inscrición, gratuíta nas propias bibliotecas, até o 7 de abril de 2017. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma