XORNAL ESCOLAR - TELEMIÑO

Un libro, un perfecto compañeiro de viaxe

IMG-20180426-WA0003_result
photo_camera Ana Lozano, organizadora do V Festival do Libro, é a entrevistada da sección de Prensa do programa.

Esta semana no programa Xornal Escolar celebran o Día do Libro cos amigos e amigas do colexio Padre Feijoo Zorelle

Este sábado, a partir das 14.00 horas, o programa Xornal Escolar que presenta Conchi Pérez centrarase no V Festival do Libro do Colexio Padre Feijoo Zorelle. As cámaras de Telemiño desprazáronse ao centro de ensino da cidade para vivir in situ esta data que xa se está afianzando como unha das celebracións máis importantes no colexio. Todos os escolares xogan un papel vital neste evento e así o captaron as cámaras do Xornal Escolar. 

LATRICAR

A sección de “Latricar” desta semana chegará en forma de vídeo, elaborado por alumnos e alumnas do coro do Padre Feijoo Zorelle para promocionar o seu festival e convidar a todo o mundo a ler xa que nun libro poden atopar o amigo perfecto. Animan así a abrazar un libro e que este sexa o seu perfecto compañeiro de viaxe.

AUGAESCOLA

A sección semana de Viaqua presenta esta semana unha nova entrega do xogo educativo "Sabías que?", da man de Marian e Santi. A última proposta deste xogo centrarase no tema dos horarios de Viaqua. Escolares de Franciscanas teñen dúbidas sobre a dispoñibilidade dos traballadores de Viaqua. Os expertos aclaran que Viaqua funciona as 24 horas do día, os 365 días do ano.

PRENSA

Unha entrevista ocupará a sección “Prensa” desta semana. Será Ana Lozano, responsable do V Festival do Libro do colexio Padre Feijoo Zorelle, a protagonista deste espazo. Ana comentará a principais actividades que compartiron os escolares durante os catro días nos que se prolongou o festival e tamén fará fincapé na importancia da lectura para os escolares e desde idades temperás.

ALTERNATIVA DE OCIO

Conchi Pérez propón como perfecta alternativa de ocio a lectura. Neste programa adicado especialmente ao Día do Libro, a presentadora convida a todo o mundo a deixarse sorprender e voar da man dun libro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?