XORNAL ESCOLAR

Dos libros ós focos do plató

photo_camera Ana, Gonzalo, Claudia, Conchi Pérez y Marina Rey, en un momento de la grabación del programa del Xornal Escolar.

Os alumnos e a mestra do colexio Plurilingüe Divina Pastora- Franciscanas amosaron o seu talento para moverse con absoluta naturalidade diante das cámaras de Telemiño

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora-Franciscanas, é un centro que ten como valor añadido no seu proxecto educativo os valores cristianos, o respeto por o medio ambiente, o plurilingüismo con convenios con Oxford University Press e Trinity College London, a diversidade e a innovación educativa a través do seu proxecto de aprendizaxe cooperativo e as TIC.

Veñen de conmemorar o maratón de lectura o día do libro, desenvolveuse ao aire libre desde o balcón do centro para que escoitara o vecindario “letras no aire”. Destacar a recente publicación do libro de poesía “mar de néboa” dedicada á discapacidade física que conta coas premiadas no concurso dos xogos floraies que se celebrará o próximo 8 de maio coa estrea da obra de teatro que ten o mesmo título, en aberto o 11 de maio e clausurará MOTECES (Mostra de Teatro Escolar que organiza o Concello) o 15 de maio. O alumnado tamén exhibirá os tres “maios” elaborados polo centro o próximo 3 de maio na rúa do paseo, dous artísticos e un tradicional mentras cantan as coplas redactadas nas clases de Lingua.
A concursante desta semana é Marina Rey unha mestra moi querida e admirada polos seus alumnos, demostraron unha gran complicidade.

Que significa Ladesol?

É a ONG do colexio e significa lazos de solidaridade.

Que obra de teatro está preparando o colexio?

Un grupo de seis mestres e profesores están preparando unha obra de teatro titulada "mar de néboa" que se centra na discapacidade e estrease o 8 de maio (precísase entrada) e o 11 de maio é de portas abertas, pode asistir quen queira. Tamén clausuran Moteces o 15 de maio.

Quen está preparando o programa Cardio?

No video vimos que os alumnos de infantil coidaban dun corazón, é un programa do cardiólogo o doctor Valentín Fuster, que fala de hábito saudables e de hixiene. Nas merendas sempre traen froita. Aplícase en infantil e no primeiro ciclo de primaria.

O noso Rey chámase Felipe VI e a nosa Raiña Doña Leticia, entón, que son ahora Don Juan Carlos e Doña Sofía?

Reis con tratamento de alteza

Cual é a capital de Angola?

Dicir que a xeografía non é o meu, pero esta puxéronma moi fácil é Luanda.

Que tres cousas hai en Ourense que non hai en outro lugar?
Hai catro cousas: Telemiño, as Burgas, a Ponte Romana, e o Santo Cristo...Sálvome porque na Catedral está o Santo Cristo.

Por que escolliches ser mestra e se non foses mestra que serías?

Non sei porque escollin ser mestra,pero é algo completamente vocacional dende moi pequena xogaba a ser mestra. Solo quixen ser mestra pero quizais se non fose mestra sería xornalista.

Das cidades que fuches de viaxe cal repetirías?

Repetiría Edinburgo,en Escocia, recórdame a nosa Galicia, moi verde, e así practicaría moito inglés.

A donde che gustaría ir de Viaxe?

Das cidades europea, fun a moitas pero non fun a París. Teño que vistar París é unha visita obrigada que me queda pendiente para practicar francés.

Na tua casa falas Inglés?

Na miña casa non pero no meu gupo de amigos temos unha parexa que son ingleses, ainda que eles falan castelán eu intento falar inglés para practicar e despois darlle mellores clases en inglés aos meus alumnos.

Os alumnos estaban moi emocionados e prepararon e colaboraron en todo nun tempo record. Foi unha experiencia fantástica para todos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma