AULAS ABERTAS

Unha lingua, unha cultura única

Escolares de Infantil e Primaria do colexio Padre Feijoo Zorelle conmemoraron o Día Europeo das Linguas

Unha lingua, unha cultura única

Con motivo do Día Europeo das Linguas, os escolares de Educación Infantil e Primaria do colexio Padre Feijoo-Zorelle celebraron a riqueza lingüística e cultural do noso continente cun magnífico mural que recolle a palabra "Comunicación", nun total de dez idiomas. En castelán, galego, portugués, inglés, italiano, francés, alemán, rumano, ruso e grego se podía ler esta palabra que foi o nexo de unión das actividades que organizaron con motivo desta conmemoración. Todas as propostas que organizaron estiveron pensadas para escolares de todos os niveis. Todos os interesados en ser testigos desta actividade o poden ver no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=8Ek__JQgyds.