INICIO DO CURSO

Maceda, un gran parque de atraccións

MACEDA (PRAZA ALCATRUZ). 15/09/2018. OURENSE. Fiesta inicio del curso, organizada por La Región. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Familias ao completo citáronse nas tres plazas máis salientables de Maceda para compartir unha estupenda mañá de sábado de diversión.

Barco Pirata, Cabinas Deportivas, Touro Mecánico, Tobogáns, Minigolf, Pesca de Patos, Obradoiros e Inchables Interactivo foron algunhas das actividades que compartiron os centos de asistentes a esta festa que foi totalmente de balde

Tres puntos de referencia, a Praza Alcatruz, a Praza Benigno Álvarez e a Praza das Toldas, e múltiples atraccións convertiron hai uns días a Maceda no espazo preferido polos cativos e cativos de todo o municipio e das zonas próximas para pasar unha divertidísima mañá de sábado. La Región foi a organizadora da Festa Inicio de Curso 2018-2019 xunto ao Concello de Maceda, pensada para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.

Barco Pirata, Cabinas Deportivas, Touro Mecánico, Tobogáns, Minigolf, Pesca de Patos, Obradoiros e Inchables Interactivo foron algunhas das actividades que compartiron os centos de asistentes a esta festa que foi totalmente de balde. Ademais, todos os asistentes tiñan á súa disposición froita e bebida durante as tres horas nas que se prolongou a festa. 

Monitores experimentados encargáronse de dirixir cada unha das actividades e explicar o seu correcto funcionamento, co fin de que cada neno lle sacara o máximo partido a esta divertida festa. 

Así, de praza en praza os escolares foron disfrutando de cada unha das propostas lúdicas que lles brindaron durante a festa coa que, a bo seguro, despediron o verán e deron a benvida ao novo curso con toda a forza que se precisa para enfrontarse a un novo curso escolar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?