XORNAL ESCOLAR

Magníficas mascáras do IES Lagoa de Antela

20180208105545687_result
photo_camera Escolares de 3º de ESO posan ante as súas máscaras, sen dúbidas uns traballos artístivos marabillosos.

Os escolares comezaron a elaborar as súas máscaras á volta das vacacións de Nadal, pero antes de comezar visualizaron na pizarra dixitas os traballos presentados a pasada edición

Por 21º ano, o departamento de debuxo do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia convocou o Concurso de Máscaras de Entroido. Nesta edición presentáronse un total de 125 máscaras, das que 50 pertencían á categoría de 1º de ESO; e 75 ao alumnado de 3º de ESO.

Os escolares comezaron a elaborar as súas máscaras á volta das vacacións de Nadal, pero antes de comezar visualizaron na pizarra dixitas os traballos presentados a pasada edición. Con esto descubren numerosos materiais empregados e, aínda que saben que non se poden repetir as máscaras, sacan moitas ideas. 

Para facer as máscaras empregan materiais reciclados e naturais, que facilmente os poden atopar no medio rural onde viven a maioría dos alumnos deste centro. 

Tras facer entrega das máscaras, foron montando os dous murais no centro, un no edificio A e outro no B. O concurso conta con dúas categorías: os de 1º de ESO e os de 3º de ESO, e hai tres premios por categoría. O 1º premio foi un MP4; o 2º, un Pen; e o 3º un libro a escoller polo gañador.
Este concurso do IES Lagoa de Antela foi de novo un éxito. Os xurado tivo unha difícil tarefa para escoller os mellores traballos xa que os participantes volveron a demostrar que son xente creativa, teñen moi boas ideas e volveron a superarse e a presentar traballos de moita calidade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma