PHOTOCALL

Magníficos proxectos

20170306193405959_result
photo_camera Os estudantes de 6º de primaria investigan e preparan as súas propias investigacións na materia "Aprendendo co Ipad".

No colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, Carmelitas – Vedruna, tamén basean a súa metodoloxía no traballo por proxectos

No colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, Carmelitas – Vedruna, tamén basean a súa metodoloxía no traballo por proxectos. Apostan pola innovación no ensino e valoran a importancia de ofrecer unha mellor oferta educativa nun mundo tecnolóxico, de redes de comunicación e de intercambios culturais. Así xorde a idea de comezar a traballar por proxectos en Educación Infantil; os máis pequenos coñecen as plantas, tanto nas clases, coma no Ecohorto  deseñado por eles mesmos e os castelos e o mundo a través dunha viaxe marabillosa. Todo isto baixo outro proxecto que comeza nesta etapa e segue na educación primaria, o traballo das materias cos iPads, unha ferramenta de afianzamento do aprendido. Con esta base, ao final desta última etapa, en 6º de primaria, teñen a materia “Aprendendo con iPads”, e en 2º da ESO, "Aprendendo por Proxectos". Estas materias foron deseñadas pola necesidade dos alumnos de seguir aprendendo dunha maneira diferente: traballando en equipo e investigando utilizando as TICs.

Pensando nesta cultura de innovación, tecnoloxía e creatividade onde vivimos, naceu o proxecto "Canal Científico Vedruna", coa finalidade de achegar aos estudantes á ciencia e facela, en certo modo, máis divertida a través da utilización das TICs e de experiencias cotiás. E, sen deixar a realidade que nos rodea non moi lonxe, comezou o “Obradoiro de Educación Financeira”, onde se realizan distintas actividades  das que se pode destacar un dicionario financeiro en formato vídeo, con entrevistas a economistas da cidade. Ademais de todo isto, contan cos “Padriños Lectores”, os alumnos de 6º de primaria, que apadriñan aos nenos de 5 anos no seu proceso lector. Nesta experiencia, ademais de momentos de lectura e aprendizaxe, afiánzanse as relacións interpersoais do centro con nenos de diferentes idades. Todo isto, contribúe ao seu correcto desenvolvemento na sociedade de hoxe en día.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar