CONCURSO

Máis de 500 traballos de escolares concurren ao III Certamen Literario de Viaqua

O xurado será o responsable de determinar, ao longo do mes de febreiro, os traballos vencedores nas dúas categorías

Un total de 561 microrrelatos feitos por escolares galegos presentáronse ao III Certame Literario “Relatos de auga intelixente” convocado por Viaqua, unha vez finalizado o prazo de recepción dos traballos dos alumnos/as de ESO e Bacharelato/FP. A participación dos escolares se incrementou ata casi duplicar a cifra da pasada edición, rexistrándose un 46,2% de aumento de traballos durante o primeiro trimestre do presente curso escolar ata o pasado 31 de decembro, data na que se pechou o plazo de recepción. 

O certame, dirixido a alumnos e alumnas entre 12 e 17 anos de centros educativos da comunidade autónoma nos que ten presenza a marca como empresa da xestión da auga, ten o obxectivo de contribuír á difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no uso sustentable da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

O xurado será o responsable de determinar, ao longo do mes de febreiro, os traballos vencedores nas dúas categorías. Unha vez coñecido o fallo do xurado, a entrega de premios aos dous gañadores en cada unha das referidas categorías se celebrará en actos que terán lugar nos días próximos ao 22 de marzo, celebración do Día Mundial da Auga. Tamén recibirá un recoñecemento especial o centro escolar que teña presentado o maior número de relatos dos seus alumnos/as.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar