CERTAME LITERARIO

Máis de 500 traballos de “Relatos de agua inteligente”

O certame ten o obxectivo de contribuír á difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no uso sustentable e o coidado do medio ambiente a través da literatura

Un total de 522 microrrelatos feitos por escolares galegos presentáronse ao III Certame Literario “Relatos de auga intelixente” convocado por Viaqua, unha vez finalizado o pasado día 31 de decembro o prazo de recepción dos traballos dos alumnos/as de ESO e Bacharelato/FP a quen ía dirixida a convocatoria deste concurso. A participación dos escolares mantense na liña da pasada edición.

O certame, dirixido a alumnos e alumnas entre 12 e 17 anos de centros educativos da comunidade autónoma nos que ten presenza a marca como empresa da xestión da auga, ten o obxectivo de contribuír á difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no uso sustentable da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

Xurado e premios

Pendente da cualificación e lectura do xurado dos relatos presentados, a recompilacion dos traballos determinou xa que o colexio ourensán Divina Pastora-Franciscanas resultou ser o centro que maior número de textos de alumnos e alumnas presentou ao certame, polo que recibirá o seu premio correspondente.

O xurado está integrado por persoas vinculadas á creación literaria e outros profesionais relacionados co ámbito da agua e do medio ambiente, e determinará, ao longo do mes de febreiro, os traballos vencedores nas dúas categorías.

Unha vez coñecido o fallo do xurado, a entrega de premios aos dous gañadores en cada unha das referidas categorías se celebrará en actos que terán lugar nos días próximos ao 22 de marzo, celebración do Día Mundial da Auga. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?