CONCURSO

Mañá remata o 1º prazo para entregar os traballos de Xornalistas na Escola

O mesmo día do mes de febreiro, serán os escolares de 5º e 6º de Primaria e de Educación Especial os que deberán ter entregados os seus traballos xornalísticos

Mañá remata o 1º prazo para entregar os traballos de Xornalistas na Escola

A V edición do concurso Xornalistas na Escola, que convoca o diario La Región, xa está en marcha. Despois de atender dúbidas e cuestións relacionadas cos traballos sabemos que nos colexios de toda a provincia están a traballar arreo para entregar uns magníficos exemplares. 

Mañá, 25 de xaneiro, remata o prazo de entrega dos xornales dos escolares de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. O mesmo día do mes de febreiro, serán os escolares de 5º e 6º de Primaria e de Educación Especial os que deberán ter entregados os seus traballos xornalísticos. O derradeiro prazo é para os maiores, escolares desde 1º de ESO a 4º de ESO que deberán entregar os seus xornais antes do 25 de marzo de 2018. Ánimo a todos, agardamos con entusiasmo os vosos traballos!