ACTIVIDADE

Material de refugallo recollido nunha exposición

Alumnado de Primaria do CEIP de Seixalbo visitaron a colección ubicada no local das Agromadas.

Os nenos e nenas de Primaria do CEIP Plurilingüe de Seixalbo compartiron hai uns días unha estupenda actividade fóra das aulas e visitaron unha exposición no local das "Agromadas" de Seixalbo.

Esta exposición está feita integramente con material de refugallo e o obxectivo desta visita era, ademais de visionar os magníficos artículos que se recollen na colección, que  os nenos e nenas coñezan unha forma creativa de darlle outro uso á cantidade de materiais que todos os días se tiran. 

Uns cadros de gran fermosura  que semellan aos grandes edificios das cidades. Este traballo foi levado a cabo por unha mestra de Ourense, concretamente por Esperanza, profesora de inglés no colexio do vinteún.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar