cole a cole

Medra en galego

20170523101229453_result
photo_camera O correlingua: unha fermosa actividade lúdica reivindicando o uso da lingua galega.

Os estudantes e docentes do CPI José García García realizan unha gran variedade de actividades e xogos para fomentar o uso do noso idioma

É de sobra coñecido o estupendo entorno do CPI José García García para traballar fóra das aulas, o que, unido á reforma integral do edificio, fai que sexa moi atractivo. Se a isto lle unimos a implicación de todo o persoal do centro educativo, asociación de nais e pais, alumnado e profesorado, enténdese o incremento de matrícula que se ven producindo nestes últimos anos.

No CPI José García García, de Mende,  non só aseguran que o alumnado saia formado co nivel adecuado para seguir os estudos que desexe, senón que tamén inculcan unha formación humanística e en valores a través da convivencia e das numerosas actividades, saídas didácticas e charlas sobre diferentes temas transversais que se organizan ao longo do curso.

Este ano están a traballar en varios proxectos: fomento da lectura e de hábitos saudables, na revista do colexio con artigos de investigación, elaboración dunha película a partir dun guión feito polo alumnado, robótica, elaboración de gravados e dunha cúpula con material alternativo, mobilidade sostible e segura...

Así mesmo, están inmersos coa asociación Stop Accidentes nun proxecto piloto de mellora dos desprazamentos de toda a comunidade educativa.

De cara ao vindeiro curso, preparan a mellora no ensino dos idiomas. Ademais de facerse Centro Plurilingüe, están en contacto cunha Universidade de EEUU para recibir profesorado nativo de apoio ao ensino do Inglés e están a iniciar os contactos con centros de ensino do estranxeiro, para establecer intercambios virtuais entre  os estudantes.

Dentro das actividades de fomento da lectura, o centro participa no Correlingua, unha xornada de convivencia entre moitos colexios e institutos da cidade, chea de actividades e xogos relacionados co fomento do galego. 

Este ano foi premiada unha das pancartas deste fabuloso centro educativo.

Nesta reportaxe centrarémonos nesta coñecida actividade e nos gravados que realizaron para conmemorar o día das Letras Galegas adicado, este ano, a Carlos Casares.

Ata o 16 de Xuño podemos gozar, no Auditorio Municipal, dunha fantástica exposición con debuxos e gravados feitos no CPI José García García, alusivos a textos de Carlos Casares.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?