AULAS ABERTAS

Por unha mobilidade intelixente e limpa

Ourense 20/9/2017 Xornal escolar
photo_camera Escolares e profesores do CEIP Curros Enríquez participaron na actividade de mobilidade.

O Xornal Escolar de Telemiño compartiu cos escolares unha divertida mañá adicada á educación vial

O programa Xornal Escolar de Telemiño desprazouse esta semana ao centro da cidade de As Burgas para participar nas actividades que o Concello de Ourense organizou con motivo da Semana Europea da Mobilidade. Conchi Pérez, xunto ao cámara Manuel, foron recibidos con moitísimo cariño polos numerosos escolares que acudían ese día ás actividade. "Mira, é Telemiño", comentaba un dos nenos ao resto dos compañeiros mentras se dirixían a conversar con eles. Conchi e Manuel responderon a todas as preguntas sobre a cámara e o programa Xornal Escolar que lle formularon. Os escolares pola súa banda recoñeceron que eran uns grandes seguidores do seu programa. Tras múltiples preguntas, Conchi tomou o mando e foi ela a que o quería saber todo da estupenda actividade que estaban a compartir os nenos. Sen vergoña cada un dos participantes lle comentou o que estaban a facer no momento, todo o que habían aprendido nesa mañá e o ben que o estaban a pasar fóra das aulas e cunha actividade que, aínda que era educativa, resultaba máis doada que unha clase de matemáticas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar