XORNAL ESCOLAR

Mobilidade sostible e segura

20171123233046878_result
photo_camera Os escolares do CPI José García García aprenderon a xogar á boccia e ao slalom en cadeira de rodas, e asistiron a unha demostración dos campións de España desta especialidade, José Ignacio Fernández e Ana Soage.

No CPI José García García de Mende están inmersos no Plan Proxecta e cada curso participan en diversas actividades coas que desenvolven competencias clave e se traballa na educación en valores

No CPI José García García de Mende están inmersos no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Neste caso concreto, o programa que desenvolven é o de Mobilidade Sostible e Segura que inclúe varias actividades que teñen como obxectivo facilitar a mobilidade en calquer entorno e para todas as persoas, coñecer os problemas aos que se enfrontan diariamente as persoas con mobilidade reducida e todo o que comprende a mobilidade no seu máis amplo sentido.

Deste xeito, no CPI José García García compartiron recentemente dúas actividades de gran interés, non só para os escolares, tamén para o resto da comunidade educativa. A primeria foi as Xornadas Multideporte do proxecto "Inténtalo" da Federación Española de Deportes de Personas con Discapacidade Física. Para elo contaron coa visita do presidente da federación, José Alberto Álvarez García; e de Susana García Senra, Secretaria da Federación Galefa de Deporte Adaptado (FGDA). Monitores e xogadores de diferentes deportes adaptados acompañaron a José Alberto e a Susana García nesta xornada que contou con dúas partes  diferenciadas. Por unha banda practicaron catro disciplinas do deporte adaptado e escoitaron unha interesante charla a cargo de Álvarez García sobre os deportes que poden practicar as persoas con discapacidade e como se pode axudar, a través do voluntariado, a fomentar esta práctica deportiva. 

Na parte práctica xogaron ao baloncesto en cadeira de rodas, con xogadores do cub de División de Honra Amfiv, de Vigo. Tamén con este mesmo club practicaron handbike, esto é carreiras de bicicletas impulsadas coas mans. 

Por outra banda, o Club Tamiar Apamp, tamén de Vigo, ensinou a xogar á boccia e ao slalom en cadeira de rodas, ao tempo que asistían a unha demostración dos campións de España desta especialidade, José Ignacio Fernández e Ana Soage. 
Foi unha actividade do máis divertida onde os escolares de Mende practicaron actividades novas para eles e tiveron a oportunidade de coñecer e comprender a realidade das persoas con dificultades de mobilidade. A comunidade educativa do CPI José García García amosouse moi interesada en colaborar no fomento da práctica destes deportes e animan a todo o mundo a axudar como voluntario. É moi doado, simplemente na web da Federación Española de deporte adaptado: http://www.feddf.es. poden atopar toda a información precisa.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar