PHOTOCALL

Moita festa na San Rosendo

Dado o éxito desta primeira iniciativa, os veciños da San Rosendo xa están a perfilar os detalles do que será a celebración do vindeiro ano na que contan sumar alumbrado e moitas outras actividades lúdicas

Marcelo, Carina, David, Laura, Laura, Juan, Alicia, Lara, Maite, Irene, Vera, Carla, Tito e Sofía.
Marcelo, Carina, David, Laura, Laura, Juan, Alicia, Lara, Maite, Irene, Vera, Carla, Tito e Sofía.
Moita festa na San Rosendo

Os veciños do barrio de A Ponte, concretamente da rúa San Rosendo, organizaron múltiples actividades de Nadal para os cativos e cativas da zona no Parque de los Pulmones. Co fin de fomentar estas festas no barrio e que os numerosísimos nenos cos que contan disfrutaran duns días de festa por todo o alto, contaron coa academia de actividades lúdicas Espacio Arboleda, que se encargou de presentar numerosas propostas festivas. Deste xeito recibiron a visita de Papa Noel, que contou coa axuda de estupendos paxes para repartir caramelos entre todos os participantes, tamén houbo contacontos, obradoiros de maquillaxe e moitas outras actividades coas que nenos e nenas de todas as idades o pasaron en grande.

As comunidades de veciños que se encargaron da organización das dúas celebracións, unha o propio 24 de decembro e a outra o día 3 de xaneiro, contaron coa colaboración de comercios da zona que se sumaron a esta iniciativa coa que se quere impulsar esta zona de A Ponte na que tantos nenos viven.

Dado o éxito desta primeira iniciativa, os veciños da San Rosendo xa están a perfilar os detalles do que será a celebración do vindeiro ano na que contan sumar alumbrado e moitas outras actividades lúdicas.