COLE A COLE

Montes, patrimonio, pulmóns, vida e arte

photo_camera Estudantes e docentes do Ceip Rodolfo Núñez Rodríguez, centro escolar de Vilardevós, están moi implicados neste fabuloso proxecto que ten por título: Montes, patrimonio, pulmóns, vida e arte.

O CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez está inmerso nun fabuloso proxecto para concienciar do gran tesouro que é a nosa terra

A educación precisa renovarse cada pouco e estar a altura da sociedade e da actualidade para ter un mundo cheo de fermosos valores. O monte é parte da nosa vida. Os estudantes deben coñecer e tomar conciencia do que significan e do valioso patrimonio que conteñen, tamén deben  valorar e defender as súas infinitas posibilidades ambientais e de lecer.

Nesta liña o CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós leva a cabo o proxecto Montes, patrimonio, pulmóns, vida e arte, un fabuloso proxecto que consiste en enviar castañas para facer semilleiros a unha gran morea de centros educativos de Galicia, este proxecto tamén inclúe charlas e xornada de convivencia para concienciar do gran tesouro que é a nosa terra. 

Unha das mestras deste centro educativo, Matilde Villanueva, viu como todo o seu pobo ardía e como a súa casa logrou sobrevivir. A impotencia levou ao claustro de mestres/as a poñer  en marcha esta recoñecida iniciativa. O proxecto surxe dende a conciencia e dende a indignación de volver ver a nosa terra queimada. A directora afirma que “esto é terrorismo puro á nosa terra, polo que como decentes temos que  educar no amor e no respecto”.

"Tecendo redes entre diferentes colexios de Galicia"

O principal obxectivo deste proxecto é concienciar, conservar e reforestar o gran tesouro que é a nosa terra. As actividades que levarán a cabo durante este curso escolar son: xerminazación das landras e castañas para poder proceder coa súa plantación, charlas abertas polos forestais de Verín no que tanto Sheila como Jesús non dubidaron en amosar o seu interese, rutas polos montes, realización dun documental, saídas aos soutos, recopilación de traballos e un longo etc do que inforemaremos no Xornal Escolar. Os docentes e estudantes están moi implicados neste proxecto e queren que esta iniciativa teña continuidade porque ninguén debe queimar os montes. Neste proxecto participan centros de educación infantil, primaria, secundaria e e bacharelato das diferentes provincias galegas, así como xente do mundo da arte, escrita, fotografía e do audio visual galego. Tamén grupos musicais e músicos que non dubidaron en colaborar co centro educativo de Vilardevós. A directora asegura: "Polo de agora, cada día, recibimos máis colaboradores e centros, non me atrevo a dar nomes, xa que é xusto que todalas persoas sexan nomeadas. Tamén contamos con todo o claustro e co intérprete de signos".

Tamén é importante subliñar que as familias dos escolares de Vilardevós participan nas saídas e nas charlas, ao mesmo tempo que colaboran co envío de auga a outro Concello. 

Este centro educativo tamén conta co apoio de persoas voluntarias do Concello de Vilardevós. Para a directora a valoración inicial deste proxecto é sen dúbida emocionante e admirable, afirma: “Dá gusto saber que somos quen de tecer redes e estar todos a unha. Houbo uns avós, bisavós e xeracións que plantaron para nós, a solidaridade debe estar presente nas nosas vidas, e vénme á cabeza Castelao coa súa frase: Vale máis unha terra con árbores nos montes ca un Estado con ouro nos bancos".

FICHA DO CENTRO

CENTRO: CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez

ALUMNOS: 37

PROFESORES: 5

OFERTA EDUCATIVA: Infantil e primaria

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?