PHOTOCALL

Multas solidarias en A Valenzá Multas solidarias en A Valenzá Multas solidarias en A Valenzá

Ourense 21/9/2017 6º primaria del Filomena Dato, multas solidarias
photo_camera Escolares do Filomena Dato participaron na actividade Multas Solidarias. Ao día seguinte fixeron o propio os escolares de O Ruxidoiro.

O Concello de Barbadás súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade 2017 organizando diversas actividades para todos os públicos, se ben os escolares do Concello son especiales protagonistas de moitas delas.

A primeira das propostas, na que participaron os escolares de 6º de Infantil do CEIP Filomena Dato e do CEIP O Ruxidoiro, foi unha visita a Protección Civil e á Policía Local, unha saída que resultou ser moi interesante xa que os cativos coñeceron de primeira man o traballo diario destes profesionais.
Outra das actividades que máis lle gustou aos escolares foi a denominada "Multas solidarias", na que participaron en torno a 80 rapaces e rapazas de 6º de Primaria. Saíron acompañados dos seus centros de ensino por membros de Policía Local e Protección Civil pola poboación de A Valenzá velando que se cumpriran todas as normas de circulación e incluso impuxeron tarxetas de aviso "multas solidarias" a aqueles peóns e conductores que as incumpriron.

Os obxectivos que se pretendeu acadar con esta actividade era familiarizar os nenos e nenas coas normas de circulación e seguridade viaria, educalos para que éstes eduquen ás súas familias no cumprimento de ditas normas e que os nenos sexan conscientes da importancia da seguridade viaria e as consecuencias do seu incumprimento.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma