SALESIANOS

Múltiples propostas na semana de outono

No colexio Salesianos organizan actividades complementarias coas que os escolares reforzan o aprendido na aula

O outono é unha época ideal para recoller follas e castañas, pero tamén para atopar setas.
O outono é unha época ideal para recoller follas e castañas, pero tamén para atopar setas.
Múltiples propostas na semana de outono

Cada semana, de xeito paralelo ás clases correspondentes de cada asignatura e curso, no colexio María Auxiliadora Salesianos os escolares comparten todo tipo de actividades complementarias. Estas propostas son máis dinámicas e participativas e axudan ao alumnado a aprender novos conceptos dun xeito máis lúdico. Deste xeito, escolares de 5º e 6º de Primaria realizaron unha interesante actividade que tiña como finalidade coñecer mellor aos compañeiros de aula. Cada un deles levou á aula tres obxectos significativos da súas vida. Posteriormente tiñan que expresar ante todos o seu significado. A actividade foi un éxito e creou un clima de expectación e moitas ganas por coñecer curiosidades dos demais compañeiros, nun ambiente de risas e algunha que outra lágrima de emoción. 

Pola súa banda, o alumnado de Infantil gozaron dun precioso día de outono nos xardíns do centro, pasaron un bo rato a partir dun conto ambientado no outono. O escenario foi perfecto e previamente ao conto, recolleron do chan follas e castañas, e tamén atoparon algunha que outra seta.

Outro grupo de alumnos de Salesianos estiveron estudando estes días os sistemas que compoñen o corpo humán, entre eles o circulatorio e o respiratorio. Para que este tema resultase máis atractivo, un grupo de alumnos exercey de doutores para experimentar o que estudaban. A actividade resultou do máis divertida.