XORNAL ESCOLAR

O mundo da enerxía coñécese a través dos xogos

werwerwer

Nedgia e Gas Natural fenosa amosan aos escolares o uso eficiente da enerxía no CEIP A Ponte

Coñecer as claves da enerxía e saber como se pode aforrala foi o obxectivo da actividade que compartiron hai uns días un grupo de alumnos e alumnas do CEIP A Ponte. Tratábase do programa Fungastic, de Nedgia Galicia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, cuxo nome fai referencia aos tres eixes principais da proposta diversión, aprendizaxe da enerxía do gas e as novas tecnolixías aplicadas á educación. 

Así e a través de diferentes xogos, escolares de Infantil e Primaria do centro de ensino do barrio de A Ponte atenderon ás explicacións previas dos monitores da actividade para posteriormente gozar dunha serie de xogos educativos gracias aos que lles quedaron moito máis claros conceptos e ideas relacionadas coas claves da enerxía, a diferencia entre enerxías renovables e non renovables e como facer para no día a día aforrar enerxía con simples xestos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar