XORNAL ESCOLAR

O mundo suevo, na 6ª Semana Escolar da provincia

Escolares de Franciscanas están a elaborar murais, cartéis, orfebrería e ata un desfile de moda sueva

Escolares de Franciscanas.
Escolares de Franciscanas.
O mundo suevo, na 6ª Semana Escolar da provincia

Escolares do colexio María Auxiliadora "Franciscanas", capitaneados polos seus profesores Gonzalo e Andrea, xa están a traballar no que será a 6ª Semana Escolar da Provincia, una iniciativa da Deputación Provincial de Ourense que nesta ocasión se centrará no mundo suevo, tras o éxito acadado pola exposición In Tempore Sueborum que desde decembro de 2017 a maio de 2018 ocupou a institución provincial sendo a mostra máis visitada na historia da provincia de Ourense. 

Os Ecovixiantes de Franciscanas xa están a traballar intensamente neste apaixonante traballo para o que xa están a elaborar carteis, muráis, espadas, orfebrería e ata están a preparar un desfile de moda sueva. Os escolares están entusiasmados con esta iniciativa coa que están a aprender moito ao tempo que se divirten traballando en equipo.