XORNAL ESCOLAR

O Nadal chega ao programa Xornal Escolar

Conchi Pérez recolle na última entrega do ano do programa, as actividades máis salientables que se están a celebrar en Ourense

Unha nena "latrica" para o Xornal Escolar e Conchi non perde a oportunidade de saber que fará este Nadal (Foto: Xesús Fariñas).
Unha nena "latrica" para o Xornal Escolar e Conchi non perde a oportunidade de saber que fará este Nadal (Foto: Xesús Fariñas).
O Nadal chega ao programa Xornal Escolar

O espírito de Nadal chegará ao último programa do ano do Xornal Escolar. Conchi Pérez e todo o equipo de Telemiño, que conforma a gran familia deste programa escolar, despedirán o ano dando conta das actividades de Nadal que estes días xa se están a celebrar en diversos espazos da cidade. O I Certame Interescolar de Panxoliñas da cidade de Ourense será o tema central do programa. Veremos boa parte do concerto e seremos testemuños das impresións dos escolares que participaron neste certame.

Latricar

A sección "latricar" desta semana tamén se centrará no Nadal. Conchi falou con nenos e nenas na Praza Maior de Ourense. Cada un deles explicoulle que é para eles o Nadal e como van a pasar estas festas tan familiares.

Augaescola

A sección AugaEscola aproveitará o último programa antes das vacacións de Nadal para facer balance de todas as actividades escolares que xa realizaron no que vai de curso. Así, lembraranse as visitas á Etap, todo o que explicaron sobre as tarefas que realizan nos laboratorios e, como non, do exitoso xogo educativo "Sabías que?", co que os escolares aprenderon numerosos e interesantes conceptos relacionados co mundo a auga. 

Axenda

A completa axenda de Nadal será a última parte do programa Xornal Escolar. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, animará aos nenos e nenas a participar nas múltiples propostas que estes días teñen organizadas para eles desde a entidade que el preside co fin de concienciar a vida laboral e familiar das familias. Tamén se falará da Moti que se presentou este luns e que arranca o sábado, día 23 de decembro, cun amplo programa de representacións que se prolongarán ata o sábdo, 30 de decembro.