XORNAL ESCOLAR

Nadal con sabor a chocolate

Obradoiro doces Nadal 9 decembro 2017 (3)_result
photo_camera Un grupo de nenos amosan as sobremesas de Nadal que elaboraron durante o obradoiro.

Os rapaces aprenderon a facer receitas de doces típicos do Nadal

Ademais dos agasallos, os reencontros e as luces e decorados, outra das características do Nadal é o aspecto gastronómico. A Fundación Curros Enríquez vén de organizar un Obradoiro de Doces de Nadal para nenos e nenas de máis de seis anos. A actividade celebrouse en dúas sesións e deste xeito puideron participar máis nenos, en total 30. 

A actividade estivo organizada pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova e contou coa colaboración da Asociación Cultural As Ortigas. Baixo a supervisión do cociñeiro Martín Álvarez, os rapaces aprenderon a realizar sinxelas receitas de doces de Nadal de elaboración tradicional e moderna. Así, prepararon mazapán, polvoróns, galletas, turrón, etcétera.

Os escolares demostraron as súas habilidades con cada receita e se divertiron moito no primeiro andar da Praza de Abastos, espazo onde se desenvolveu a actividade lúdica.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar