CEIP Baños de Molgas

A nadar! Exercicio na auga

photo_camera Nadar é un dos deportes máis completos que existen. O medio acuático é ideal para manter san o sistema cardiovascular.

Os estudantes do CEIP baños de molgas asisten a clases de natación para potenciar a forza, a resistencia e a flexibilidade ao mesmo tempo

O centro educativo de Baños de Molgas é moi amplo, foi feito para dous Concellos que despois se separaron, na actualidade só asisten os nenos/as do Concello de Baños de Molgas. 

É un edificio antigo, pero cada ano fan obras de mellora, de xeito que é acolledor, ten amplos patios de recreo con areeiro e canchas renovadas.

É un centro perfectamente equipado con fabulosas aulas, unha gran biblioteca, aula de informática, de psicomotricidade, de música, ximnasio interior e sala de usos múltiples. O Ceip Baños de Molgas conta con servizo de transporte, con acompañantes e comedor con cociña propia.

Na actualidade, destacamos que están a traballar en dous proxectos:

1.“Alimentación saudable e exercicio”. Lévase a cabo, ademais de na aula, con charlas a cargo de sanidade e o exercicio físico en clases de Educación Física e un curso de natación na piscina climatizada de Allariz, que é a máis próxima. Destacar que a maioría dos estudantes do Ceip Baños de Molgas acaban sabendo nadar.
Dende hai máis 12 anos, nos meses de outubro e novembro, realizan esta actividade de visitar a piscina climatizada de Allariz e realizar o curso de natación. Asisten todos os estudantes do centro educativo, supón un esforzo económico na que, ademais do colexio, colabora a familia e o concello. Os mestres implícanse nesta actividade para que todos os nenos aprendan a nadar e porque é unhas das actividades que máis gozan ao longo do curso.

2. Tamén están preparando o proxecto: “Visita a algúns pobos do Concello”: Visitarán a riqueza cultural da contorna: capelas, árbores de interese, monolitos, inscricións... Os propios estudantes presentan o pobo no que viven aos seus compañeiros. A actividade finalizará cun xantar no último pobo visitado. Preténdese que os estudantes coñezan e valoren a riqueza cultural da súa contorna.

Esta actividade farase en colaboración co Concello de Baños de Molgas.

Non podemos rematar esta reportaxe sen mencionar o ambiente familiar que se vive, no centro educativo de Baños de Molgas, entre todos os sectores da comunidade educativa. Ao ser poucos coñécense perfectamente e pódense axudar mellor. Os pequenos roces que hai soluciónanse falando e restaurando a amizade que debe reinar entre todos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma