axenda de actividades

Nenoos emprendedores, en Salesianos

dfd

dun xeito moi dinámico e participativo, escolares de 1º e 2º de Primaria do María Auxiliadora xogaron coa economía

Ás numerosas actividades que durante todo o curso se organizan no colexio María Auxiliadora "Salesianos", hai que engadir unha das máis recentes e novidosas que chegou hai uns días da man de Nenoos, un equipo de profesionais innovadores e cualificados que traballan de forma interdisciplinar cos máis cativos.

Nesta ocasión o colectivo presentou a proposta "Nenoos emprendedores", que consiste nunha interesante actividade coa que os participantes xogaron coa economía, valorando o valor das cousas e desenvolvendo ideas para cambiar o mundo.

Os destinatarios desta actividade foron nesta ocasión os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, que coincidiron en sinalar o interesante e divertida que foi a actividade, cunha presentación dinámica e participativa.
Nenoos comeza esta semana o curso e presenta novidosas actividades para os máis cativos da casa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?