Aulas abertas

Nenos de paz no programa Xornal Escolar

photo_camera Os alumnos do CEIP Mestre Vide no plató de Telemiño.

Escolares 5º Do mestre vide participaron no programa que presenta Conchi Pérez para falar de como celebraron o Día da Paz e as múltiples novidades do seu centro

Caras novas, pero un colexio xa coñecido visitou o plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. Nenos e nenas de 5º de Primaria, acompañados polo seu profesor Paco Pérez, participaron no espazo escolar para falar de como celebran no seu colexio o Día da Paz.

Miguel, Estela e Nicolás exerceron de co presentadores e axudaron a Conchi Pérez co programa. Noutra ocasión foron os escolares doutro curso do centro os que visitaron o plató, pero o alumnado de 5º non quería ser menos e divertíronse moito falando das súas experiencias, do seu centro e formulándolle unha serie de preguntas ao seu profesor. 

Tras as presentacións e o visionado do vídeo que gravaron no centro polo Día da Paz, Conchi deu paso á sección "Latricar". 

Latricar

Desde o plató de Telemiño tiveron que adiviñar de que estaban a falar os nenos nun vídeo. Paco Pérez, que exerceu de concursante, non o dubidou e explicou que facían referencia a como conseguir a paz. 

Ler o xornal

A sección "Ler o xornal" foi a seguinte do programa. Nenos e nenas do CEIP Mestre Vide leron o diario La Región, falaron das novas do día que máis lle chamaron a atención e comentaron o que opinaban sobre determinados temas. Foi unha experiencia moi divertida.

O profesor responde

Paco Pérez foi o profesor convidado ao programa e como todos os que acoden ao Xornal Escolar, tivo que respostar a unha serie de preguntas que lle tiñan preparadas os co presentadores. Foi moi divertido e Paco respostou encantado a cada unha das cuestións. 

Cal é a clase coa que mellor te levas?

Se teño que destacar algunha sería neste momento unha de Educación Infantil, concretamente a de 6ºB.

Gústache a túa experiencia como profesor?

Si. Gracias á vida teño un traballo co que disfruto moito. Despois de máis de 30 anos podo dicir que sigo indo moi feliz ao traballo todos os días. Faime feliz estar no colexio. 

Eres soamente profesor de ximnasia ou impartes máis materias?

Ademais de ximnasia, son profesor de Ciencias Sociais en 5º ou 6º, depende do curso; e de Psicomotricidade, en Educación Infantil.

Tras as preguntas ao profesor, os escolares falaron da importancia da auga e do seu uso moderado. Todo esto aconteceu antes de dar paso ao seguinte vídeo, o de AugaEscola, que nos achega semanalmente os consellos de Viaqua.

Augaescola

Esta semana, os amigos de Viaqua, Santi e Marian, presentaron un novo experimento. Nesta ocasión consistiu nunha simulacion EDAR e detalle depuración biolóxica.

Con este experimento o que se explica dun xeito sinxelo é o funcionamento dunha estación depuradora de augas residuais, as características típicas desta auga e, entrando en detalles, o proceso de depuradora biolóxica mediante a observación de microorganismos a través do microscopio. Todas as semanas se apréndense moitas cousas interesantes na sección de AugaEscola gracias aos expertos de Viaqua.

Axenda

Xa estamos en Entroido e esta semana a alternativa de ocio non podía ser outra. Conchi falounos dos entroidos da provincia de Ourense e convidou a todos os nenos e nenas da provincia a disfrutar moito destes días xa que é tempo de troula e de pasalo ben.

O programa Xornal Escolar finalizou dun xeito moi especial xa que nenos e nenas do colexio Padre Feijoo Zorelle fixeron chegar un fermoso vídeo que eles mesmos gravaron para conmemorar por todo o alto o Día da Paz.

Os autores do vídeo foron os e as integrantes do coro do colexio. Gravaron unha fermosa canción hebrea que se titulaba "Al shlosha d´varim". A letra lembra que o mundo se basa na verdade, na xustiza e na paz. Quixeron que a canción chegara a todo o mundo e por eso a enriqueceron coa linguaxe de signos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?