Normas para evitar accidentes

CEIP JOSÉ GARCÍA GARCÍA DE MENDE (OURENSE) 26/10/2017. Actividad de Stop Accidentes en el CEIP de Mende. Fotografías para el suplemento XORNAL ESCOLAR. LAREGIÓN/Óscar Pinal.
photo_camera Todo o alumnado do colexio está inmerso nestas actividades de educación vial.

Escolares do CPI José García García recibiron a visita de voluntarios do colectivo Stop Accidentes como parte dun proxecto que ten como obxectivo mellorar os desprazamentos na zona onde se ubica o centro

No CPI José García García de Mende levan a cabo diversas accións e están inmersos en numerosas actividades relacionadas coa Mobilidade Sostible e Segura e a Educación Vial. Son temas que están de actualidade e nos que é importante afondar para coñecer os problemas que se enfrontan diariamente as persoas con mobilidade reducida e, no tocante á educación vial, desprazarse correctamente atendendo ás normas.

Neste curso, os escolares do CPI de Mende xa participaron en varias actividades relacionadas con estas temáticas obxecto de estudo. Así, organizaron as Xornadas Multideporte do proxecto "Inténtalo" da Federación Española de Deportes de Personas con Discapacidade Física. Foi unha actividade do máis divertida onde os escolares de Mende practicaron actividades novas para eles e tiveron a oportunidade de coñecer e comprender a realidade das persoas con dificultades de mobilidade.

A comunidade educativa do CPI José García García amosouse moi interesada en colaborar no fomento da práctica destes deportes e animan a todo o mundo a axudar como voluntario. É moi doado, simplemente na web da Federación Española de deporte adaptado: http://www.feddf.es. poden atopar toda a información precisa.

Outra das actividades estivo relacionada coa mobilidade e as cámaras de Telemiño non perderon detalle desta proposta que contou coa visita de voluntarios de Stop Accientes. A Secretaria en Galicia e Delegada de Asuntos Internacionais de Stop Accidentes, Jeanne Picard Mahaut, visitou o centro de ensino de Mende acompañada por dous voluntarios.

O CPI José García García colbora con esta ONG dende o pasado curso e un dos seus obxectivos é mellorar os desprazamentos na zona onde se ubica o centro, tanto no referente á iluminación, como os pasos de peóns e os traxectos en xeral.

Tras realizar unha sondaxe para valorar o cumprimento das normas, os traxecto, iluminación, etcétera. A partir deste estudo, a propia ONG realizou un documento que pasou á Xunta de Galicia co fin de poñer solución ás deficiencias que atoparon. A segunda fase deste proxecto é a que compartiron os escolares recentemente e consistiu nunha serie de charlas sobre normas de circulación e as posibles accións que poden realizar os propios nenos para evitar accidentes.

Os voluntarios de Stop Accidentes percorreron todas as aulas para impartir amenas charlas. No terceiro trimestre deste curso, está previsto o seguinte obradoiro de Stop Accidentes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma