TELEMIÑO

Nova biblioteca para o colexio

As cámaras de Telemiño foron testemuños da inauguración do novo espazo do centro e das celebracións do Día da Paz

David, Martín, Álvaro, Pedro, Rodrigo e Raquel, fantásticos reposteiros do colexio Mestre Vide.
David, Martín, Álvaro, Pedro, Rodrigo e Raquel, fantásticos reposteiros do colexio Mestre Vide.
Nova biblioteca para o colexio

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o CEIP Mestre Vide xunto coa Xefa Territorial da Consellería de Educación e Cultura, Mari Luz Fernández Quintas,  para inagurar a biblioteca Mestre Vide, financiada pola Deputación Provincial de Ourense.

No seu percorrido polo centro, Manuel Baltar visitou as obras de ampliación do pavillón polideportivo e participou na pegada de elementos do mural do "Dia da Paz" .

Os escolares de 5º e 6º de Primaria exerceron de xornalistas e presentaron as actividades que organizaron durante a xornada festiva e aproveitaron a que os compañeiros e compañeiras lles falaran do que é a paz para eles e o que hai que facer para lograr a paz na sociedade actual.

Os nenos e nenas reporteiros tamén lle formularon unha serie de preguntas ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, que respostou gustosamente a cada unha delas, antes de colgar no mural a pluma cos seus mellores desexos e frases de paz.