XORNAL ESCOLAR

Nova edición do concurso Xornalistas na Escola

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o mércores, 22 de novembro, ás 12.00 horas

Por quinto ano consecutivo, o xornal La Región convoca o concurso Xornalistas na Escola. Escolares de toda a provincia, desde 1º de Infantil a 4º de ESO, están convidados a participar neste certame que xa é un clásico cada ano no Xornal Escolar cun gran poder de convocatoria. O pasado curso foron máis de medio cento os traballos presentados, coa participación de máis de mil alumnos. 

Este ano, o concurso volve a dar a oportunidade aos centros de ensino de facer fabulosos traballos cos que se fomenta o traballo en equipo, a documentación, a capacidade de síntese, etcétera.

Todos os interesados en participar no concurso poderán inscribirse ata o mércores 22 de novembro na web de La Región: xornalescolar.laregion.es.

Neste mesmo espazo atoparán as bases do concurso, os prazos para entregar os traballos por cursos, así como os premios aos que optan, entre os que destaca un premio final dunha gran festa, con múltiples sorpresas, no Centro Comercial Ponte Vella.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?