programación telemiño

Nova tempada de Xornal Escolar

Fiesta inicio curso en el auditorio
13-9-17

Conchi Pérez presentará unha nova edición do programa infantil que volverá a sorprender con convidados do máis inxeniosos 

O programa Xornal Escolar de Telemiño volve á programación este vindeiro sábado a partir das 14.00 horas. O curso escolar preséntase apaixonante e Conchi Pérez percorrerá os centros de ensino de toda a provincia para ser testigo das múltiples e curiosas actividades nas que participan os nosos escolares. 

Diversión, inquetudes, risas, imaxinación e todo tipo de curiosidades se recollerán no Xornal Escolar de Telemiño onde, como en pasadas edicións, os nenos e nenas de Ourense serán os protagonistas. 

Volta tamén a sección "Ler o Xornal", onde os escolares lerán e comentarán as novas máis salientables de La Región. Tamén se retomarán as adiviñas e alternativa de ocio, onde se informará de todas as actividades nas que poden participar os nenos e mozos fóra do horario escolar en distintos puntos da provincia.

AUGAESCOLA
A sección AugaEscola de Viaqua tamén continuará formando unha parte moi importante do programa escolar, xa que o coidado da auga, o seu uso correcto e, en definitiva, o coidado do medio ambiente é cousa de todos e, por suposto, dos nenos tamén. No primeiro programa da tempada, un grupo de escolares facilitarán unha serie de consellos para o uso responsable da auga que recolle Viaqua. Será un grupo de nenos e nenas de 5º de Primaria do colexio Mestre Vide que compartirán cos telespectadores dez razóns para aforrar auga facendo un consumo eficiente dela. Trátase dun xesto que é moito máis doado do que un se imaxina e serán os nenos os que nos animen a aforrar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?