XORNAL ESCOLAR

Novas tecnoloxías no día a día

photo_camera CEIP Prácticas.

No CEIP Prácticas todas as aulas do centro están dotadas de pizarra dixital e ordenador portátil onde os nenos interactúan sobre elas

Cales son as principais tarefas da dirección do centro?

Coordinación de todos os ciclos a nivel pedagóxico: deseñar o Proxecto Educativo, elaboración e revisión das programacións didácticas, dinamizar e apoiar as TICs, dinamizar o desenvolvemento das competencias dixitais. Todas as aulas do centro  (33 aulas) están equipadas con pizarra dixital e ordenador portátil, pero , sobre todo, procurar que o centro sexa un lugar de traballo tranquilo, xusto e dinámico.

Con que instalación conta o Ceip Prácticas?.

Temos un centro educativo con 27 aulas xeneralistas, 2 de inglés, 2 de relixión católica, 3 bibliotecas (1 xeneral, 1 para Ed. Infantil , 1º e 2º de primaria e 1 para 3º,4º,5º e 6º de Primaria), un xinnasio para Ed. Primaria e un  para Ed. Infantil. ,2 aulas de música, comedor escolar para 260 alumnos/as (xestionado pola ANPA), 1 aula de informática con 24 ordenadores e 1 aula de pintura e traballos manuais.

Que servizos oferta o centro educativo?:

A Anpa do centro xestiona o comedor escolar para 260 alumnos, atención temperá con 90 alumnos: a partir das 07:30 horas , a ludoteca: a partir das 16:00 horas e as escolas deportivas. O Concello e o centro xestionan as aulas de apoio.

En que proxectos participa o centro educativo?:

Neste curso, ademais dos proxectos dixitais,, estamos a desarrollar o Programa De Saúde Integral (Cardio) para os alumnos de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria. Participamos nos programas de alimentación saudable. Estamos integrados na Coordinadora Auria de Normalización Lingüística desenvolvendo varias actividades como Radio Escolar, investigacións sobre toponías da zona…

O Ceip de Prácticas é un colexio moi dinámico, en que concursos participan os alumnos?

Participamos en concursos para toda a comunidade escolar como: Concurso de fotografía, Exposición de correos e concurso de selos, Radio Escolar na WEB, Concursos de pintura e literatura eTarxetas de Nadal en colaboración coa ANPA

En que programas se traballa para fomentar o hábito lector? Que actividades se levaran a cabo proximamente na biblioteca do centro?

Dinamización diaria da lectura  nas tres bibliotecas escolares. Procura de compra de 27 libros do mesmo título, en galego e castelán, para traballar a lectura, individual e colectivamente e Visita ó centro de autores deses libros lidos nos distintos cursos….

As novas tecnoloxías están presentes no día a día do alumnado?

Todas as aulas do centro están dotadas de pizarra dixital e ordenador portátil onde os nenos/as interactúan sobre elas. Ademáis de contar con 6 aulas Abalar, onde se traballa día a día baixo a coordinación do Coordinador das TICs. Xa desde Educación Infantil de tres anos traballan sobre a pizarra dixital.

Que programas oferta o centro para responder ás necesidades específicas de apoio educativo dos alumnos?:

Propóñense medidas de atención á diversidade, asesorando ás familias e coordinando cos organismos externos(Gabinetes de psicoloxía, asociacións de Autismo e outras…).
Tamén se crearon dúas aulas de apoio para nenos ou nenas polas tardes a través de Asuntos Sociais. Tense interese para que aqueles nenos ou nenas que precisen apoios dentro de aula e sexan requeridos polo titor ou titora,lles sexan asignados a profesores do centro que estén dispoñibles, sobre todo nas asignaturas troncais. Ó final de curso faise unha ficha de cada alumno ou alumna apoiado/a, cos avances que tivo, que pasará a un ficheiro no Departamento de Orientación para facer as valoracións oportunas para o curso seguinte.

Que actividades extrescolares se levan a cabo?

Todas aquelas que oferta o Concello: Tráfico, contacontos, almorzos sudables, teatro en inglés.
As organizadas pola ANPA: tetaro, escolas deportivas de baloncesto e fútbol, jokey, ajedrez, pintura, ludoteca, patinaxe…

Manuel Rodríguez Conde exerce dende hai dezasete anos a dirección do centro que compaxina coa función de titor de 5ºC. Realiza una fantástica labor de organización e xestión no CEIP.Prácticas da E.U. de Form. do Prof. de Ourense. Leva no centro dezanove anos.

Josefina Vences Vila, Xefa do departamento de Orientación

Coordina a once profesionais co cometido de prevención e identificación de necesidades educativas. Asesoramento do profesorado e familias.

Mª Belén González Vila, Mestra de Educación Infantil

Coordinadora de Educación Infantil no Ceip de Prácticas. Coordina a doce profesoras do ciclo, tanto nas reunións pedagóxicas como nas lúdicas.

Beatriz Martínez Buide, Mestra Pedagoxía Terapéutica

Coordinadora de 1º e 2º de Educación Primaria. Coordina a seis mestres xeralistas e dous especialistas do Ceip Prácticas de Ourense.

Mº Elisa Álvarez Martínez, Mestra de Educación Primaria

Titora de 3º de Primaria e Coordinadora de 3º e 4º con 6 mestres xeralistas e dous especialistas, tanto pedagóxica como lúdicamente.

Manuela Robles García, Mestra de Educación Primaria

Titora de 5º e Coordinadora de 5º e 6º. A súa función é coordinar pedagóxicamente estes cursos e tamén nas actividades complementarias e extraescolares.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma