O outono no colexio

INMA9_result
photo_camera Xan, Maxiu e Antía, coas súas elaboracións.

Os escolares do CEIP Inmaculada de Ourense coñeceros  os froitos e plantas propios desta época do ano, así como deixar voar a imaxinación son dous dos obxectivos desta iniciativa.

Por terceiro ano consecutivo, os escolares do CEIP Inmaculada de Ourense participaron nunha divertida actividade de outono. Coñecer os froitos e plantas propios desta época do ano, así como deixar voar a imaxinación son dous dos obxectivos desta iniciativa. 

Durante o mes de outubro, os escolares coa axuda das súas familias, elaboraron todo tipo de manualidades nas que o outono sería o protagonista. A última semana no mes era finalizaba o prazo para entregar os traballos que estiveron expostos no salón de actos do centro para que toda a comunidade educativa puidera visitalos. 

O resultado foi fabuloso xa que os nenos e nenas volveron a sorprender un ano máis coas súas fantásticas elaboracións. Este resultado foi posible gracias ao magnífico traballo dos alumnos e á colaboración das familias, que sempre se animan a axudar en todo o que lles solicita o centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma