PHOTOCALL

Obradoiros, maxia e chocolatada

foto2_result
photo_camera Na actividade que foi un éxito participaron en torno a 300 nenos, pais e profesores.

 A festa foi todo un éxito de participación xa que contaron con aproximadamente 300 asistentes, entre pais, profesores e alumnos.

As instalacións do colexio Santo Ángel de Ourense acolleron unha gran festa temática sobre o Nadal, organizada pola asociación de nais e pais do centro. A finalidade deste evento non era outro que fomentar a participación das familias en actividades conxuntas (pais-fillos) no propio centro de ensino.

 A festa foi todo un éxito de participación xa que contaron con aproximadamente 300 asistentes, entre pais, profesores e alumnos.

O programa de actividades arrancou cun obradoiro de manualidades no que os participantes elaboraron adornos para o árbol de Nadal que se ubicará no propio centro e diversas figuras para o Nacemento.

Posteriormente, o mago Gusi foi o encargado de brindar unha fantástica actuación coa que sorprendeu a tódolos presentes e conseguir que o pasaran estupendamente. Como colofón a esta gran festa previa á celebración do Nadal, todos xuntos degustaron unha exquisita chocolatada con churros que os deixou a todos con moi sabor de boca.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma