Colegio Santo Ángel

Obxectivo: mellorar a calidade do ensino

20180122124901734_result
photo_camera Un dos ponentes durante o máster celebrado no colexio Santo Ángel.

Os profesores participaron no máster titulado "Fundamento del Aprendizaje Cooperativo", no colexio Santo Ángel de Ourense

As aulas do colexio Santo Ángel de Ourense foron este pasado sábado o punto de encontro de máis dun cento de profesores e profesoras do colexio ourensán e doutos centros de ensino calasancios. O obxectivo deste encontro foi a participación do profesorado no máster “Fundamentos del Aprendizaje Cooperativo”, titulado pola Universidade de Minesota.

Con este tipo de actividades queda claro que o estudo non só é cousa de nenos e no colexio Santo Ángel é unha prioridade que os seus profesores adquiran coñecementos cos que mellorarán considerablemente a calidade do ensino dos seus alumnos, ao tempo que avanzan cos tempos e se adaptan as técnicas de estudo actual, máis prácticas e participativas. A experiencia foi un éxito e os profesores están encantados con este tipo de actividades.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar