WHATSAPP Ó DIRECTOR

Ocio en familia

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense convida a nais, pais, fillos e fillas a compartir o seu tempo de lecer con actividades saudables e divertidas durante as fins de seman

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense convida a nais, pais, fillos e fillas a compartir o seu tempo de lecer con actividades saudables e divertidas durante as fins de semana. O programa “Ocio en familia” inicia unha nova edición, con 6 propostas lúdico-culturais para familias con cativos de 4 a 14 anos, durante  abril, maio e xuño, coas que descubrir a cidade, practicar deporte, xogar ou practicar novas afeccións compartindo obradoiros. A inscrición é gratuíta, e pódese realizar ata mañá, día 27 de abril na Concellería, na rúa Vasco da Ponte, 1.
O programa comezará o sábado 29 de abril, cunha novidade “Alimenta a saúde”, na que as familias compartirán unha fin de semana saudable nos parques da cidade facendo exercicio e no rianxo da praza de abastos para coñecer os produtos de tempada, a súa preparación e degustación. 

"Mira Ourense con outros ollos", consistirá en pasear pola zona antiga da cidade con visita guiada á catedral, os panteóns de galegos ilustres no cemiterio, o claustro de San Francisco e o museo arqueolóxico, coñecendo os recunchos para rematar con visita ao Parque ferroviario Os Carrileiros onde poderán gozar de viaxes nos mini trens. "Xogos para compartir" (14/5/2017). Servirá para retomar os xogos de sempre compartíndoos con fillos e favorecer a comunicación en ambiente lúdico e ao aire libre con outras familias. "Os camiños da auga" 21/5/2017. Propón unha ruta para coñecer os recursos termais da cidade e rematar cun baño (opcional) nas termas de Outariz, e desprazamento no tren turístico das Termas. "Á luz da lúa" 27/5/215 Será un percorrido nocturno guiado polos arredores da cidade para observar estrelas ou simplemente para mirar a cidade desde a altura. "Andaina sen fume" 4/6/2017 Coincidindo co día mundial sen tabaco, o Concello organizará unha andaina saudable de 10.000 pasos pola cidade.

"Concurso de Fotografía". As familias tamén poderán participar nun concurso de fotografía, que premiará as mellores instantáneas que plasmen as experiencias compartidas nas actividades. Poderanse presentar 3 por familia, que optarán a premios como unha cea, cámaras e álbums dixitais.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar