XORNAL ESCOLAR

Ocio na neve, entre a oferta da Deputación

20180226181124679_result
photo_camera O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, falou para o programa Xornal Escolar das múltiples actividades que organizan durante todo o ano.

A sección Augaescola presenta unha nova entrega do xogo educativo "Sabías que?"

O programa Xornal Escolar de Telemiño terá como tema central unha nova edición do programa Esquiou da Deputación Provincial de Ourense. Esta inciativa que ten como obxectivo achegar o esquí aos nenos e nenas de toda a provincia de Ourense, está a ser todo un éxito.

Se o ano pasado se superaron os 700 participantes, esta edición a cifra xira en torno aos 1.000 asistentes.

Esquiou 2018 arrancou en xaneiro e prolongarase ata marzo. Conchi Pérez e o seu equipo acudiron á Estación de Montaña Manzaneda para compartir cun grupo de nenos a súa fantástica experiencia na neve.

Latricar

Nenos da zona de Allariz, Maceda e A Limia, que estaban a gozar de Esquiou, foron os encargados de "latricar" para o programa desta semana. Falaron do que lle gusta a neve e do ben que o pasan nestes días de frío xogando ao aire libre.

Prensa

Manuel Baltar, presidente da Deputación, participa esta semana nesta sección do programa para falar das actividades que organiza a entidade que preside, pensadas para os nenos e nenas de toda a provincia de Ourense. Son numerosas, variadas e moi completas e se recollen tanto en prensa, no Xornal Escolar; como no programa educativo de Telemiño, dirixido por Conchi Pérez. Entre todas as propostas, salientou a "Colección de Trenes Fernández Pacheco Outeiriño", aberta permanentemente para que todos os interesados a visiten. Baltar lembrou que a Deputación "ten sempre as portas abertas" e os nenos tamén contan con espazos e actividades especialmente abertos e pensados para eles.
 
Augaescola

A sección semanal de Viaqua, AugaEscola, chega cunha nova entrega do xogo educativo "Sabías que?", que pretende achegar datos e conceptos técnicos de Viaqua aos escolares dun xeito sinxelo. O tema da semana xira en torno aos metros de tubería que hai nas nosas rúas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma