COLE A COLE

Open day

photo_camera Os escolares do centro educativo Miraflores gozaron do día de portas abertas coa súa familia.

No colexio Miraflores a aprendizaxe de idiomas e o dominio das tecnoloxías constitúen os elementos básicos do seu proxecto educativo

O Colexio Miraflores é un centro educativo que desexa proporcionar aos seus estudantes unha formación académica de alto nivel e, ao mesmo tempo, unha formación humana baseada nos principios fundamentais da fe cristiá. Para levar a cabo este proxecto contan cun equipo de profesionais altamente cualificados e profundamente identificados có ideario do centro, apostando por integrar ás familias cun papel activo e comprometido. Sempre nun clima de traballo intenso e de alta esixencia persoal, transmiten valores que aporten referencias e criterios claros de comportamento, así como capacidade crítica e responsabilidade persoal. 

No CPR Miraflores contan coas ferramentas de aprendizaxe e comunicación máis avanzadas, pois a aprendizaxe de idiomas e o dominio das tecnoloxías constitúen elementos básicos do proxecto educativo, xunto coas súas excelentes instalacións nun entorno de contacto diario coa natureza.

O CPR Miraflores preséntanos nesta ocasión o Proxecto:  English Project: Este proxecto educativo persegue como un obxectivo fundamental formar alumnos bilingües en español e inglés. Dende o inicio, como mínimo, un tercio da carga lectiva reglada semanal de clases de Infantil e Primaria impártense en inglés. Na ESO inclúese tamén unha carga lectiva superior ao mínimo establecido normativamente. Para perfeccionar de modo continuado esta tarefa, establécense estratexias que permiten enfocar e medir adecuadamente o progreso, con titulacións progresivas que poidan obter os alumnos dos diferentes niveis dos exames de Cambridge e contan tamén con estancias en Irlanda a través do proxecto"Five Weeks in English". 

Destacar que no colexio Miraflores contan co apoio e metodoloxía Amco, unha forma de aprender a lingua única, baseada no desenvolvemento emocional, intelectual e social de cada un dos alumnos, proporcionándolle as ferramentas necesarias para enfrontarse aos retos da sociedade cambiante, multicultural e competitiva de hoxe en día: intelixencias múltiples, intelixencia emocional, teoría da voz xeneradora, ferramentas didácticas, habilidades del pensamento, aprendizaxe cooperativo, pensamento crítico, organizadores gráficos e uso da tecnoloxía.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar