Orgullosos de sentirse os mellores no que realizan

O profesor Gonzalo Sánchez foi o encargado de dirixir o traballo xornalístico gañador de 1ºC

Por segundo ano consecutivo, o CEE O Pino proclamouse gañador no concurso Xornal Escolar na súa categoría. Orgullosos e moi felices, así aseguran estar os autores do traballo xornalístico. Para levar a cabo este traballo, cada un dos alumnos por separado procurou noticias, todo aquelo que máis lle chamaba a atención e que consideraban noticiable. Unha vez recollida información de diversas temáticas, xuntaron todas as novas e coa axuda do profesor seleccionaron as fotos para ubicar no documento final. 

O obxectivo deste traballo era explicarlle aos lectores todo o que traballaron durante o curso e como aprenderon a facer diversas tarefas interesantes. O alumnado do CEE O Pino quere salientar dun xeito especial a gran cantidade de proxectos nos que participaron, entre eles traballos coas emocións, sobre o pobo celta, proxectos de fotografía e diversos obradoiros do máis interesantes sobre cociña, música, nutrición ou hixiene.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar