PHOTOCALL

O OUFF tamén pensou nos nenos

O OUFF organizaou actividades para que os cativos comezáranse a achegar ao mundo do cinema. 

A vixésima edición do OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense) baixou o telón este pasado sábado tras nove intensos días de proxeccións e actividades paralelas relacionadas co sétimo arte. Os nenos e nenas de Ourense contaron cunha serie de actividades pensadas para eles coas que se achegaron dun xeito lúdico a un mundo cheo de aspectos por descubrir, o do cine.

Entre as actividades infantís destacaron os obradoiros que acolleu o Centro Municipal José Ángel Valente. Esta programación desenvolveuse ao longo de tres tardes nas que os máis cativos compartiron uns momentos únicos e coñeceron de primeira mán aspectos de máximo intéres relacionados co mundo do cine. Deste xeito houbo un obradoiro de animación e outro de creación audiovisual e pintando, recortando e deixando voar a imaxinación, os nenos e nenas que participaron no obradoiro realizaron magníficos traballos.

MÁIS OBRADOIROS

As actividades lúdicas e tamén didácticas como son os obradoiros teñen moito éxito entre o público infantil en Ourense. Deste xeito, este venres hai unha nova proposta, nesta ocasión chega da mán do Centro Comercial Ponte Vella que organiza un taller infantil que leva por título "Reloxos molóns", e que se levará a cabo 17.30 a 20.30 horas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma