AULAS ABERTAS

Ourense educa e involucra

photo_camera Os estudantes do CPR Cardenal Cinseros realizaron unha fabulosa actividade de concienciación.

Os estudantes do colexio Cardenal Cisneros analizan, dun xeito multicisciplinar, as condutas e os hábitos dos peóns, dos ciclistas e dos condutores da nosa cidade

O CPR Cardenal Cisneros é un centro educativo con 56 anos de historia, está ubicado na rúa Pardo Bazán da cidade de Ourense. Neste centro educativo comparten aulas alumnas e alumnos de 15 nacionalidades, con nove linguas nai diferentes que son motivo de enriquecemento mutuo. Coa diversidade como bandeira, integran a todos os estudantes na gran variedade de proxectos que levan a cabo, sempre fomentan o traballo interdisciplinar en equipo non só na aula, senón tamén en tarefas desenvoltas fóra dela entre as que se inclúen voluntariado, concienciación social...

O CPR Cardenal Cisneros destaca valores como o traballo en equipo, respecto aos compañeiros, tolerancia e integración. Forman homes e mulleres para o mundo coa honestidade como valor fundamental.

Un estupendo grupo de profesoras de Educación Secundaria traballan cada ano en proxectos de concienciación e sensibilización en problemas de actualidade. O traballo é interdisciplinar, e non só se realiza na aula, senón tamén en tempo de voluntariado. O ano pasado colaboraron con APES en contra da violencia machista: “Cuestión de xénero”.

Este curso destacamos dous fabulosos proxectos “Civismo versus vandalismo” en colaboración ca Asociación APES e “Ourense Educa e Involucra” en colaboración ca Asociación Stop Accidentes e no que centraremos esta reportaxe.

A colaboración do CPR Cardenal Cisneros con “Stop accidentes” comezou este curso vendo a preocupante problemática que Ourense ten diariamente no eido da seguridade viaria. Froito desta relación naceu un proxecto chamado “Ourense Educa e Involucra”, coa idea de concienciar e mudar actitudes dos peóns, dos ciclistas e dos condutores. Traballan en prol doutro modelo máis seguro de cidade:  “a cidade dos nenos”. Dentro desta actividade fixéronse varias accións:

1. Na escola recollida de dato

2. Na rúa toma de datos

3. Na rúa concienciación

 4. Na aula análise e valoración

5. No Auditorio co documental Mil sorrisos e un perdón. Fixeron un traballo de máis de dous meses con saidas a varias zonas de Ourense e realizaron un decálogo que compartiron coa cidadanía.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?