XORNAL ESCOLAR

Por Ourense, mobilidade sostible e segura

OURENSE (COLEGIO JOSEFINAS). 22/03/2018. OURENSE. Actividad de la asociación Stop Accidentes con los alumnos y alumnas del colegio Josefinas. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Escolares do colexio San José, minutos antes do inicio da charla a cargo de Beny Bouzada.

Con esta actividade pretende demostrar que se pode acudir aos centros de ensino doutro xeito máis seguro e sostible, da importancia de que os cativos e cativas se impliquen nestas accións

Visualizar a problemática da mobilidade é un dos principais obxectivos da campaña do Concello de Ourense, "Móvete por Ourense", para a que contan coa colaboración da Policía Local e do colectivo Stop Accidentes. Nesta ocasión a actividade centrouse nos centros de ensino, e así, Beny Bouzada, portavoz de Stop Accidentes, desprazouse ao colexio San José “Josefinas” para impartir unha interesante e amena ponencia centrada nos principais problemas que existen en temas de mobilidade. Tras a charla, da que os nenos e nenas tomaron moi boa nota, comezou un obradoiro do Axente Tutor, que consistiu nunha saída á rúa para visualizar in situ as conductas e os malos hábitos tanto dos vehículos como dos peóns. Este tipo de hábitos sucédense cada día na mesma porta dos centros de ensino e con esta actividade práctica os escolares foron testemuños directos do que se está a facer mal e como correxilo.

Con esta actividade pretende demostrar que se pode acudir aos centros de ensino doutro xeito máis seguro e sostible, da importancia de que os cativos e cativas se impliquen nestas accións e, principalmente, trátase dun xeito pedagóxico de amosarlle os erros dos adultos. A aprendizaxe en idades temperás e dun xeito lúdico marcará a actitude nos escolares e este é o obxectivo desta interesante actividade que está a contar con moi boa aceptación nos colexios de Ourense. Ao igual que participou na proposta o Colexio San José "Josefinas" e, anteriormente, o Colexio María Auxiliadora "Salesianos", agárdase que nas vindeiras datas sexan máis os colexios que se interesen por esta completa actividade educativa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma