actividades

O Parque de Montealegre acolle unha vintena de talleres ata fin de ano

As vindeiras actividades serán "Samaín. Decora as túas cabazas", "Magosto: contos de outono" e Nadal: crea os teus adornos e xoguetes".

O Concello de Ourense organiza no Parque Botánico de Montealegre unha vintena de actividades para todos os públicos durante o último cuadrimestre do ano. Están a ser actividades enriquecedoras para mellorar a calidade de vida. Os obradoiros previstos pretenden así conxugar a educación e o contacto coa contorna natural que nos rodea. As actividades infantís, dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos comezaron xa este pasado domingo coa denominada "O tesouro de Montealegre". 

As vindeiras actividades serán "Samaín. Decora as túas cabazas", "Magosto: contos de outono" e Nadal: crea os teus adornos e xoguetes".

O Samaín é unha festa de orixe celta que se trata de recuperar na actualidade. A actividade desenvolverase en duas partes, na primeira prepararanse as típicas cabazas e na segunda realizaranse unhas máscaras para pintar. Será o domingo 29 de outubro as 11:00h.

"Magosto: contos de Outono" é outra das citas. O Magosto é unha festa de gran tradición en Ourense. Para achegar a festa aos máis cativos e descubrirlles as tradicións, os contos populares son moi importantes por iso proponse unha actividade baseada nun conta-contos de Outono. Celebrarase o domingo 12 de novembro ás 11:00 horas.

"Nadal: crea os teus adornos e xoguetes" será a última actividade do ano.  O Nadal adoita gustarlle moito aos nenos, e con esta actividade darase unha visión diferente da celebración destas festas. Máis alá de mercar cousas, amosarán que mediante a reciclaxe de materiais se poden facer adornos e xoguetes bonitos. A cita será o domingo 17 de decembro ás 11:00 horas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar