Participa no Xornal Escolar máis interactivo

Convidamos aos colexios de Ourense a compartir no suplemento educativo as súas actividades, opinións e proxectos

O novo curso xa está en marcha e con el o Xornal Escolar. Ao igual que a pasada tempada, queremos que este suplemento sexa o máis interactivo posible xa que o Xornal Escolar é un suplemento de todos.

Nas súas páxinas contamos con espazos ben diferenciados para acoller debuxos e poesías feitas polos escolares. Tamén temos o denominado "Whatasapp ao director", onde profesores, pais e alumnos nos poden facer chegar as súas inquedanzas, opinións e reflexión tantas veces como queiran. Se estades a organizar algunha actividade especial no voso colexio, ademais de facernos chegar as fotografías e información que queirades publicar, podemos anunciala xa unha semana antes no espazo de "Axenda".

Tamén queremos lembrarvos que durante o curso se publicarán suplementos especiais, como o de hoxe adicado ao inicio do curso, e todos os colexios podedes participar e compartir con nós todos os proxectos e actividades nos que estades inmersos que a bo seguro serán do máis interesantes. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?