XORNAL ESCOLAR

O patio do colexio, un fantástico circuíto de educación vial

Monopatíns, motos e bicis ocuparon as instalacións de Salesianos para participar nunha actividade didáctica e divertida

O patio do colexio, un fantástico circuíto de educación vial

Durante dous días, o alumnado de Infantil, xunto a algún escolar de Primaria, do colexio María Auxiliadora "Salesianos" participaron nunha experiencia didáctica e divertida sobre Educación Vial. 

Gracias á colaboración da Dirección Provincial de Tráfico, Protección Civil, Guardia Civil de Tráfico, 112, bomberos e ao magnífico traballo do profesorado, os escolares gozaron dun circuíto de luxo no patio do colexio, onde pasearon cos seus patíns, motos e bicicletas.  A actividade complementouse coa visita aos vehículos de asistencia e curioseando todos os aparellos cos que contan en cada un. Previamente á parte práctica, nas aulas, realizaron un importante traballo que se plasmou nunha fermosa exposición coas mochilas viaxeiras, señais de tráfico, traballos elaborados cos seus pais, etcétera. Diversas autoridades presenciaron a actividade, como foi o caso do Subdelegado do Goberno ou o jefe provincial de Tráfico.