ENTREVISTA

O Patrimonio, obxecto de estudo

Punxín. 16-05-16. Xornal Escolar. Reportaxe Xornal escolar do colexio de Punxín.
A directora
Foto. Xesús Fariñas
photo_camera María Pereira sustitúe durante parte deste curso á profesora titular de Punxín, Pura Álvarez.

No Colexio de Punxín traballan por proxectos e este curso destaca o adicado ao entorno natural, social, cultural e artístico co que contan no municipio

Destaca pola súa singularidade e por ser un centro de ensino ubicado nun entorno privilexiado e de gran beleza. O CEIP de Punxín é unha das poucas escolas unitarias que permanecen actualmente na provincia, ésta ademais, foi fundada por emigantes e inaugurada en 1923. A nivel académico tamén conta coas súas peculiaridades, xa que neste colexio se traballa por proxectos e cada neno e nenas estuda no nivel que lle permite a súa capacidade intelectual e evolutiva.

María Pereira repite este curso como profesora substituta de Pura Álvarez e dende o mes de xaneiro encárgase temporalmente da dirección deste colexio, onde da continuidade á metodoloxía que se segue, esto é un programa de actividades motivadoras.

María, fálenos un pouco do que se atopou ao chegar a este colexio.

A Escola de Punxín é estupenda, conta con once entusiastas alumnos e alumnas con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos. O entorno no que traballan é privilexiado e de gran beleza. Trátase dunha escola moi familar e cada curso se planifican unha serie de actividades moi interesantes. Como profesional creo que todos os mestres deberían ter unha experiencia laboral nun centro destas características xa que é ensino en estado puro e unha vivencia inesquecible. 

Destacades polo feito de traballar por proxectos, cal é o máis salientable este curso?

Este ano traballamos dun xeito moi especial o patrimonio. O obxectivo era que o alumnado aprendera a valorar o seu rico patrimonio natural, social, cultural e artístico e que soupera apreciar o afortunados que son por estudar nunha escola con tanta historia ao seu redor.

IMG-20160516-WA0014_resultFálenos un pouco máis das saídas que realizades.

Por exemplo, o pasado xoves, pais, alumnos e profesores, cargados coas mochilas, saímos a explorar o territorio. A primeira parada fíxose na Igrexa de Punxín, construída no século XIX sobre restos históricos romanos e medievais. Está adicada a San Wentila, o seu patrón, ermitaño que segundo a súa historia, realizaba moitos milagros e curaba febres e doenzas colgando do pescozo un bolsiño con terra do seu Santuario. Os cativos escoitaron abraiados as historias sobre o Santo, podendo visitar a súa tumba  da man do noso guía, Jonathan Veiga. Seguindo, realizamos unha camiñata aos famosos muiños do río Barbantiño. Ligados á cultura da auga e fermosamente restaurados, os nenos puideron comprobar como funcionan, movéndose co paso da auga  permitindo fabricar a fariña. Cheo de pasos e pasarelas, este fermoso río crea entornos máxicos cos que pequenos e maiores puidemos  experimentar e desfrutar. Para os cativos tamén foi positivo por esperta a súa imaxinación e continuarán rememorando con poemas e poesías creados por eles mesmos na aula de Lingua e Literatura.

Estas actividades parecen apaixoantes e moi froitíferas...

De feito que sí, os escolares o pasan en grande e adquiren moitos coñecementos que non esquecen. Ademais, realizamos outras actividades relacionadas co medio natural xa que aproveitando o privilexiado patio que temos, cheo de distintas árbores, decidimos plantar unha nova árbore, é fantástico xa que os nenos e nenas a coidan coma se fose un tesouro.  

A colaboración dos pais é fundamental tamén e segundo indica vostede, participan nas actividades que organizades?

O pais participan en todo. Están sempre dispostos a colaborar en todo o que se lles solicita e en todas as actividades que organizamos polo que estamos encantados. Se decidimos facer unha saída acompáñannos, se organizamos algo no centro tamén acoden, son marabillosos e esto é moi positivo para os escolares.

Que balance fai deste curso que xa ten os días contados...

Moi positivo, sen dúbida algunha. Destacaría especialmente o bos que son os nenos, os pais marabillosos que teñen que son moi activos co centro e tamén o Concello de Punxín que colabora con nós en todo o que lles solicitamos, deste xeito da gusto traballar.

ESTES SON OS DA CASA

IMG-20160516-WA0000_resultMilagros Chao Castro - Mestra de inglés

Mila como a coñecen todos no colexio é a "teacher". É a encargada de amosarlles a todos os escolares de Punxín a materia de inglés. Imparte as súas clases todos os xoves. Son clases moi dinámicas e aos escolares encántalles aprender inglés con Mila.

IMG-20160516-WA0001_resultMaría Teresa Sotelo Vázquez - Mestra de relixión

Maria Teresa acode ao CEIP de Punxín todos os venres, día no que o alumnado ten clase de relixión. A profesora encárgase de impartirlles a materia dun xeito dinámico e ameno.

IMG-20160516-WA0002_resultMaría Rodríguez García - Mestra de PT

Mery, como a coñecen no colexio, é a mestra de Pedagoxía Terapéutica e acode ao CEIP de Punxín unha vez á semana, un par de horas. María procede do colexio de Maside.

Punxín. 16-05-16. Xornal Escolar. Reportaxe Xornal escolar do colexio de Punxín.A profe de educuación físicaFoto. Xesús FariñasMaría Teresa Rodríguez Vázquez - Mestra de Educación Física

Todos os luns son días de Educación Física no CEIP de Punxín e deso se encarga a profesora María Teresa quen lle brinda aos escolares unhas divertidas clases nas que o pasan en grande mentras realizan actividades físicas e deportivas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?