XORNAL ESCOLAR

Pensando no campamento

photo_camera Los alumnos en el plató de Telemiño con el profesor Pablo Míguez y la presentadora Conchi Pérez.

Os alumnos do CPR San Pío X están desexando que chegue a primeira semana de agosto porque viaxarán, un ano máis, a Tui, para gozar da convivencia de verán

O concurso Xornal Escolar de Telemiño permite coñecer en profundidade os centros de ensino de Ourense e gozar do proceso de gravación dun programa, participando, ademais, nas tarefas de realización.

En esta ocasión, os alumnos do CPR San Pío X son os concursantes deste divertido e ameno espazo. O concursante é o mestre do centro e os co-presentadores son os alumnos, xunto con Conchi Pérez, a presentadora, teñen a divertida tarefa de conducir un programa de televisión.
Despois da gravación no colexio, onde con moita naturalidade e profesionalidade nos presentaron o centro educativo, visitaron o plató de Telemiño. Unha gran experiencia televisiva onde se poñen en contacto co proceso de gravación dun programa escolar. Os alumnos que visitaron o plató foron os de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do Cpr San Pío X.

O concursante desta semana é Pablo Míguez recente mestre do centro, titor de 4º de primaria.

Respondeu a unha serie de preguntas que traían preparadas para el e superou varias probas que se gravaron días antes no colexio.

Nesta ocasión cada co-presentador era o responsable dun bloque de preguntas.

Mario encargouse das preguntas de cultura xeral, María fixo as tres preguntas sobre o centro escolar e Sara fixolle ao seu mestre as preguntas persoais.

Quen foi o pai de Felipe II?

Se non recordo mal, Carlos I.

Cantas caras ten un icosaedro e que polígonos son as súas caras?

Sobre 20 e son triángulos equiláteros.

Ola escríbese con "h" ou sen "h"?

En galego sen h, en castelán con h.

As preguntas sobre o colexio realizounas María, unha divertida presentadora.

Imos máis aló, ao lado personal

Dende cando está o colexio en funcionamento?

O cole funciona dende 1967. Moitos pais e familiares estudaron no centro educativo.

Cando e onde se fan os campamentos de verán?

Caracterizan moito ao noso colexio. Os campamentos de verán son moi recoñecidos. A primeira semana de agosto en Tui, na provincia de pontevedra.

Cantos alumnos hai este curso no centro?

Sobre 220, exactamente 219.

O colexio, unha gran familia

Somos unha gran familia na que se traballa moi ben. Sara fixo as preguntas persoais:

Cal é a túa materia preferida?

Non hai ningunha que me guste máis . Disfruto con todas.

Que é o que máis che gusta no mundo?

Pasar tempo coa miña familia e os meus amigos, practicar deporte. Relacionarme coa xente. Cousas sinxelas.

Por que che gusta ser mestre?

Gústame todo o relacionado coa ensinanza e estar cos nenos, son moi cercanos. Estou moi relacionado coa ensinanza, é vocacional.

Durante un ano fun profesor en Inglaterra e a experiencia é moi positiva. O sistema educativo é diferente, hai cousas mellores deles e outras mellores en España. Organizou un torneo internacional de baloncesto con diferentes equipos de Inglaterra e Galicia. Pasamos 4 días moi interesantes. Colaborou en Salesianos e este ano co baloncesto feminino pabellon. Todos os mestres do centro son moi activos. A experiencia de saír na televisión, de presentar, de ver un plató e o proceso de gravación, resultou moi positivo para os alumnos que visitaron o plató.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma