PHOTOCALL

Pequenas mans que salvan vidas

i5a8698_result
photo_camera Un dos menores que participou na xornada formativa.

Escolares de 5º de Infantil dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato, repartidos por quendas, recibiron a visita de profesionais do Servizo Galego de Saúde para amosarlles a realizar a maniobra de RCP dun xeito sinxelo e divertido

Con motivo do Día Europeo da RCP, desde a Concellería de Educación do Concello de Barbadás, organizaron unha actividade co fin de concienciar á cidadanía, neste caso aos máis novos, da importancia de saber actuar fronte a unha situación de emerxencia. 

Escolares de 5º de Infantil dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato, repartidos por quendas, recibiron a visita de profesionais do Servizo Galego de Saúde para amosarlles a realizar a maniobra de RCP dun xeito sinxelo e divertido. Cada cativo e cativa tiña que acudir ese día ao colexio cun peluche ou boneco co que practicarían a maniobra a través dunha canción infantil adaptada. 

A experiencia foi un éxito e os nenos e nenas aplicáronse moito no cometido. Esta actividade serviu para sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de saber enfrontarse a unha situación de emerxencia, isto é saber detectar unha situación de emerxencia e coñecer a forma de actuar os primeiros minutos ata a chegada dos profesionais. Esta actividade tamén foi beneficiosa para aumentar a concienciación xeral fronte á parada cardíaca, restanto medo ante unha posible realización de RCP e aprender os pasos a seguir para a realización desta maniobra.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?