XORNAL ESCOLAR

Pequenos xornalistas, atención: unha viaxe a Disneyland París está en xogo

A actividade consiste en realizar un Xornal de Verán de 8 páxinas que inclúa, como mínimo, un artigo de La Región de cada semana do estío

Pequenos xornalistas, atención: unha viaxe a Disneyland París está en xogo

 O Xornal Escolar, que volverá a publicarse co inicio do curso escolar, propuxo durante os meses de verán aos pequenos de toda a provincia un divertido e creativo xogo co que se poden convertir en xornalistas. 

A actividade consiste en realizar un Xornal de Verán de 8 páxinas que inclúa, como mínimo, un artigo de La Región de cada semana do estío. Xunto coa nova, o autor deberá aportar a súa opinión, ademais de cambiar o titular da mesma. Por último, os mozos tamén deben decorar os seus propios xornais co que desexen, deixando un colorido e alegre resultado final. 

As páxinas do diario deben ser os pliegos que La Región repartiu durante o mes de xuño, pero para aqueles que queiran probar sorte agora, os compañeiros do Xornal de Escolar aterrizan hoxe na Aula da Natureza de Oira ás 10,30 horas, onde repartirán as follas nun divertido obradoiro aberto a todo o público. Ademais, no teléfono 988 604 076 tamén se poden solicitar. O prazo de entrega ábrese o 10 e péchase o 30 do mes de setembro e a dirección de envío é: Polígono San Cibrao, calle 4, nº19, 32001 ou ao mail concurso@laregion.net en formato pdf. A partir de aí, o xurado valorará cales son os dous mellores traballos, un na categoría infantil (Primaria) e outro na xuvenil (ESO). 

O premio será, para os dous traballos máis creativos, unha viaxe coa familia ao parque temático Disneyland de París.