whastapp ó director

Perfilando a programación Amencer

gdf

En torno a medio cento de mozos e mozas da Asociación Xuvenil Amencer participaron o pasado venres e sábado na asamblea de programación anual. O albergue salesiano de Allariz volveu a ser o punto de encontro do grupo que aproveitou estes días para organizar as actividades que levan tempo perfilando. Deste xeito, o esquema do encontro foi de mesas de reflexión e traballo cos que se decidiron os obxectivos e proxectos da asociación xuvenil. Ademais, houbo momento de comida, convivencia e de celebración. 

Aproveitouse este encontro anual tamén para elexir aos cargos oficiais da asociación. Deste xeito, do encontro saíron escollidos o presidente, o secretario e o tesoureiro.

A Asociación Xuvenil Amencer da Federación de Centros Xuvenís don Bosco de Galicia organiza en Ourense numerosas actividades durante todo o ano. Ás propospas educativas fixas semanais (como clases de apios, de guitarra, ciencia divertida..), hai que engadir as actividades das fins de semana, con propostas diferentes e variadas, as celebracións de datas sinaladas do calendarios, actividades solidarias e numerosas propostas para que nenos e mozos se divirtan ao tempo que aprenden moitas cousas interesantes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma