XORNAL ESCOLAR

Personalización e motivación en Castro do Val

20171031234019335_result
photo_camera Una imagen de los escolares con tablets en la escuela.

No CEIP Castrelo do Val mesturan novidosas metodoloxías que favorecen a aprendizaxe

As novas tecnoloxías e a competencia dixital cobran cada vez máis importancia, chegando a converterse en imprescindibles na escola. As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) fan que a motivación do alumnado aumente considerablemente. No CEIP de Castrelo do Val son conscientes disto, por iso, despois de probalo a finais do curso pasado durante dous meses, este ano comezaron a empregar en educación primaria “Snappet”.

“Snappet” é unha metodoloxía mediante a cal, estudantes de educación primaria dispoñen dunha tablet nas materias de Lengua, Matemáticas e Inglés, onde realizan as actividades. Ditas actividades teñen un bloque común para  o grupo enteiro e outras que se van adecuando ás características de cada alumno/alumna. Isto, ademais de traballar a competencia dixital, permite unha aprendizaxe moito máis personalizada.

Mentres o alumnado vai traballando coa tablet, o mestre/a fai un seguimento en tempo real na súa pantalla do traballo que están a realizar, podendo intervir en cada momento. Constrúen así unha aprendizaxe significativa, onde o estudante é quen constrúe a súa aprendizaxe, aprendendo dos seus erros e intervindo o docente naqueles casos nos que non é quen de seguir el só.

Victor, o director do CEIP Castrelo do Val afirma: “O feito de traballar con esta metodoloxía vese reflectido nunha mellora significativa da aprendizaxe pois, por un lado, os nenos/as están alternando o traballo no libro/caderno co traballo na tablet, o que inflúe directamente na atención e no interese do mesmo. Por outra banda, ao traballar coa tablet permite que se realice un volume de actividades maior sen que o alumno/a se canse, polo que se afianzan moito mellor os contidos". O claustro de mestres consideran moi positivo o emprego desta nova metodoloxía na aula.

Todo isto non quere dicir que no CEIP de Castrelo do Val non utilicen os libros ou os cadernos. Calquera metodoloxía, empregada como única, perdería eficacia ao converterse en rutina. O que están a facer é explicar os contidos novos, resolver as dúbidas, facer actividades conxuntas nas PDI e, cando se considera que está comprendido, actividades individuais no caderno ou con Snappet. Trátase de empregar diferentes metodoloxías para captar o interese dos alumnos/as. o emprego das tablets está a dar moi bos resultados no centro educativo de Castrelo do Val. 

As TIC forman parte da vida cotiá dos estudantes, é importante aproveitar o interese dos rapaces polas mesmas e guialos para que o tempo que as empregan non sexa tempo perdido.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?